O Parque do Pasatempo, novo ben na "Lista Roja de Patrimonio"
Non corre o tempo senón voa no Parque do Pasatempo … e mentres tanto prosegue a súa deterioración e segue esperando por unha solución real que de esperanzas para a súa conservación e un futuro máis prometedor. O Parque do Pasatempo localízase en Betanzos e foi ideado e promovido polos ilustres irmáns García Naveira xa fai máis de cen de anos coa intención de crear un gran parque temático. Xa pasaron moitos anos desde o seu abandono e pasa o tempo e ninguén parece ofrecer unha solución clara a este deixamento que vai matando o parque pouco a pouco. Mentres tanto acaba de ser incluído no catálogo da Lista Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra que inclúe todos aqueles bens de España sometidos a risco de desaparición ou alteración.