Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Comarca de Bergantiños

Praia de Laxe | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Laxe localízase no lado sur da Ría de Corme e Laxe, practicamente na bocana desta. O núcleo principal da vila atópase ao abrigo dunha gran enseada e é alí onde se asenta o gran areal de area fina e branca de 1,4 km de anchura. Playa de Laxe O pequeno Rego de San Amedio desemboca na praia, non sen antes formar un humidal denominado As Brañas Mouras . Ademais a praia conta cun complexo dunar natural. A pesar de poder considerarse unha praia urbana pola proximidade do centro urbano, as súas grandes dimensións e a súa beleza natural fan desta praia un lugar ideal e paradisiaco . Dunas Conta cun paseo, aparcadoiros, parques infantís, acceso a minusválidos, vixilancia, duchas, posto de socorro e todos os elementos propios deste tipo de praias que lle valeron para gañarse o distintivo de bandeira azul ano tras ano. Paseo de Laxe Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN

Dolmen de Dombate | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Cando falamos do megalitismo en Galicia non podemos deixar de citar un dos exemplos máis representativos do neolítico como é o dolmen de Dombate situado na parroquia de Borneiro a unha altura de 199 metros, nunha zona cunha boa concentración deste tipo de monumentos. Popularmente é coñecido como "A Fornella ". Dolmen de Dombate cos "idoliños" en primeiro plano Breves reseñas cronolóxicas: O conxunto é propiedade desde 1975 da Deputación da Coruña quen adquiriu nesta data 715 m2 no O Chan de Borneiro , no lugar de Dombate . Foi declarado BIC en 1978. En 1982 o arquitecto Carlos Fernández Gago proxecta un peche trapezoidal e sinalización da leira aínda que por descoñecemento un dos muros con base de formigón pasou por encima do túmulo . Lembremos que estes dólmenes estaban cubertos con diversas capas de pedras e terra que conformaban a coraza do túmulo formando unha gran "mámoa". Son moitas as referencias e estudos que se realizaron sobr