Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Comarca de Allariz-Maceda

Ermida, cruceiro e petróglifos de San Vitorio | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A medio camiño entre as aldeas de Bouzas e Presqueiras levántase unha suave lomba de 635 metros. Sobre ela álzase unha pequena capela dedicada a San Vitorio e a tan só uns metros unha roca sobresae do chan e sobre ela un pedrusco aguanta un cruceiro. O motivo da colocación do cruceiro e a capela non é máis que un feito sacralizador dun posible lugar de culto de orixes milenarias xa que sobre a roca que sobresae existen varios petróglifos de forma concéntrica e mesmo un que puidese ser serpentiforme. Na roca que se apoia labrouse posteriormente ao Anxo da Agonía e na cruz o Cristo crucificado. Poderemos observar tamén na roca base dúas cruces que puidesen ser indicadores de termo pois a división parroquial de Presqueiras ten aquí os seus límites. O lugar despide unha gran enerxía e é que desde aquí te crerás estar á beira dos astros e non pola súa altitude pero si pola súa situación despexada. Poderás ver o sol caer sobre o horizonte así como velo espertar cada mañá sobre el. Aquí, dura