Cruceiro de Melide | GALICIA MÁXICA
O cruceiro que nos ocupa localízase no centro dunha das vilas máis populares do Camiño de Santiago e segundo algúns estudiosos podería tratarse do cruceiro máis antigo de Galicia. Sexa ou non o sexa o certo é que se trata dunha bela cruz de pedra do século XIV situado xunto á igrexa de San Roque. Por tanto trátase dun cruceiro gótico. Levántase encima dun pedestal sobre a que vai unha columna octogonal de época recente. A cruz orixinal uniuse cunha argolla de ferro que produce oxidación e con iso o desgaste da pedra da columna. Nun dos lados do cruceiro poderemos ver a Cristo crucificado acompañado de dúas figuras de difícil identificación pero que poderían ser San Xoán e a Virxe. Na outra cara temos de novo a Xesús sobre un trono mostrándonos as chagas producidas durante a crucifixión. O cruceiro orixinalmente era policromado e aínda se poden apreciar restos da pintura aos pés do Cristo onde tamén parece representarse algún tipo de templo á vista duns pequenos arcos oxivais. Dise que