Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Calvarios

Calvario e Igrexa de Castro Barbudo | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A pés do encoro de Eiras levántase o Monte Catadoiro. Unha dos seus cumes localízase na parroquia de Castro Barbudo e elévase ata os 467 metros. Esta é denominada "O Castelo" en relación cun asentamento de época castrexa cuxos restos deberemos adiviñar. Desde as inmediacións obteremos unha gran vista do val do Oitavén así como do encoro que retén as súas augas: o encoro de Eiras. Como moitos destes de xacementos o lugar foi sacralizado pola construción dunha igrexa nas proximidades. Dita igrexa foi reedificada en época barroca, concretamente no ano 1780. Xunto a ela construíuse o cemiterio parroquial. A súa planta é rectangular dunha soa nave e a súa ábsida tamén adopta esta figura pero coa adhesión dunha sancristía. Cóbrese a dúas augas e a súa fachada non ten ningún obxecto decorativo salvo a súa sinxela espadana de dobre campanario. No muro sur atópase encostado un sepulcro. No interior se garda unha fermosa cruz románica. Un vía crucis rodea o atrio da igrexa pero o que m