Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta COSPEITO

Torre de Caldaloba | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Fotos de @ TorreCaldaloba  e  @ siglo_XV En Cospeito, sobre unha pequena elevación de 467 metros, se mal conservan os restos da Torre de Caldaloba, unha construción cuxo orixe data de época baixo medieval e como ocorre en moitos outros casos de fortalezas defensivas baixo ela atópanse os restos do castro do Coto do Mato. A pesar de ser declarado BIC en 1994 os restos da torre ameazan derrube e se ninguén o remedia acabará como moitos outros lugares históricos da terra. Hoxe en día aínda se pode apreciar parte dos muros da torre cuadrangular de 10 metros de lado que se alza a máis de 25 metros de altura e as súas grosas paredes que excedían os 2,5 metros de anchura. Construída en mampostería reforzada con sillares de granito en portas, xanelas e esquinas, a torre estaba distribuída en catro plantas e estaba rematada con almenas que hoxe non se conservan. A construción atopábase defendida por ata catro fosos dos que aínda hoxe poderemos ver os seus restos. Formaba parte da antiga fortale