Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CERDEDO-COTOBADE

Pedrafita - Marco da Anta | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O concello de Cotobade, agora Cerdedo-Cotobade, alberga multitude de restos e vestixios dunha época moi remota , como poden ser mámoas, petróglifos ou castros. A súa variedade patrimonial é tan grande que poucos municipios teñen a sorte de contar nas súas terras con tantos bens e iso sen contar a súa espectacular variedade patrimonial de épocas máis recentes como posibles restos romanos, medievais, pazos, muíños, pontes, pontellas , etc... O caso que nos ocupa é unha posible pedrafita , pedra fincada, aínda que a súa orixe non é moi certa. Localízase e fai de marco divisorio das parroquias de Santa María de Sacos e San Miguel de Carballedo, nun lugar de Monte Arcela , moi preto de Trabazo , nun antigo paso que unía os vales do Lérez e o Almofrei . Cando pasamos por este lugar detivémonos inmediatamente xa que esta pedra chamounos poderosamente a atención. Non dispoñiamos de información para poder especular sobre se era un posible menhir, aínda que as cruces gravadas, a