Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CAMINHA

Muíño das Azenhas do Tio Luís | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A palabra portuguesa "azenha" tradúcese como "acea" e provén da palabra de orixe árabe hispánica "assánya" que á súa vez deriva do árabe clásico "siniyah" que significa "elevadora". Este termo deu nome aos muíños de roda vertical apostados nas beiras dos ríos xa que foron os árabes os que introduciron esta tecnoloxía na Península durante a invasión musulmá. Hoxe ademais de nomear este tipo de muíños tamén se pode referir á presa que mantén e desvía a auga cara á maquinaria e que en galego denominamos "ceña". Aquí, na parroquia de Vilar de Mouros, en Caminha, existe un gran muíño de catro rodas verticais que aproveitaba as augas do río Coura e que se mantivo abandonado ata o ano 2014. No ano 1974 foi comprado para facer un restaurante pero nunca levou a cabo e non foi ata o ano 2004 cando foi adquirido polos seus actuais propietarios quen en 2014 comezaron a súa rehabilitación para que en ano 2017 finalizase a súa gran rest

Ponte de Vilar de Mouros | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Hai séculos, moito antes das actuais vías, existían varios pasos que viñan da costa de Portugal cara a Galicia. Unha delas consistía en cruzar o Miño desde Caminha en barca. Para evitar este paso había unha vía de orixe medieval que discorría cara a Vilar de Mouros e unha vez aquí o camiño bifurcábase cara a Seixas en dirección a Valença do Minho e cara ao interior a través do Coura. En Vilar de Mouros no lugar da Ponte e cruzando o río Coura consérvase en excelente estado de conservación unha gran ponte de orixe medieval considerada o prototipo das pontes góticas de Portugal e que conta con grandes similitudes estruturais coa ponte de Ponte de Lima. A súa construción data probablemente dos séculos XIV ou XV e está formada por tres grandes arcos apuntados, dous tajamares triangulares contra corrente e dous rectangulares no lado oposto. Ten tamén dous aliviadoiros sobre os seus tajamares e varios de máis recente construción nunha das súas esquinas. En 2008 sufriu unha reforma para ser r

Ermida de Santo Antão | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A 373 metros sobre o nivel do mar localízase a Capela de Santo Antão, en Caminha. Todo o monte é un fantástico miradoiro para observar a desembocadura do río Miño, así como o Monte de Santa Trega, a Foz do Minho e o Pinhal do Camarido. Trátase dunha capela rectangular de dous corpos con sancristía encostada cuxa historia se dilata ata o século XVII. A súa fachada ábrese cunha gran porta mediante arco de medio punto por baixo dun pórtico rectangular cuberto de tella, do mesmo xeito que o resto da capela. A súa localización aquí débese aos restos arqueolóxicos existentes nos arredores, como mámoas, petróglifos e muíños de man. Os restos da mámoa son perfectamente visibles xunto a unha mesa de pedra e xunto ao vertedoiro. Un sinxelo cruceiro preside a rotonda de entrada á cima onde está a capela. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN