Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta BOBORÁS

Ponte e cruceiro de Ponterriza | GALICIA MÁXICA

Imaxe
LONGOSEIROS - MOLDES O río Arenteiro fai de fronteira entre os concellos de Boborás e O Carballiño, entre as parroquias de Moldes e Longoseiros, pero só ata chegar á ponte de Ponterriza. Esta pequena aldea divídese entre os dous concellos, nunha liña que segue o seu camiño central desde a metade da ponte. Neste lugar existe un belo cruceiro e unha antiga ponte de orixe posiblemente medieval. Podemos considerar que a ponte pertence aos dous concellos e que quizais o cruceiro servira de marco de división parroquial. E máis se observamos o precioso cruceiro cuxas características nos levan varios séculos atrás, tantos que mesmo puidese ser dos máis antigos de Galicia e remontarnos ata o século XIV. Nel observamos as diferentes partes que parecen ser sacadas de diferentes lugares e de diferentes épocas. Destas partes destacamos unha do seu pedestal onde veremos representados unha escena con personaxes do clero, a nobreza e os vasallos, todos unidos da man. Por baixo vemos outra peza que lev