Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Alvarizas

Alvariza de Acevedo | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A introdución das ordes monásticas en Galicia trouxeron consigo unha importante e gran variedade de oficios e artes tradicionais que aceleraron os procesos artesanais e primitivos do campo galego. Desta forma apareceron novas técnicas para a produción de viño, de aceite, de mel ou mesmo para o aproveitamento da neve. Foron os monxes do próximo mosteiro de Aciveiro quenes introduciron a arte apícola nos Montes do Testeiro e neste caso na parroquia de Zobra. É por iso que estes montes e os de O Candán alberguen unha gran cantidade de alvarizas que nos seus tempos chegaron a producir importantísimas cantidades de mel e de cera que era aproveitada polos monxes para exvotos e velas. Pero as abellas tiñan os seus inimigos e o mel das colmeas era obxectivo da gran cantidade de osos que ata mediados do século XIX poboaban estes montes. Para protexelas dos golosos osos non houbo máis remedio que construír muros perimetrais de pedra que nalgúns chegaban a ter varios metros de altura. A beiras do

Alvariza de Pereira | GALICIA MÁXICA

Imaxe
SAN BARTOLOMEU DE PEREIRA Na parroquia de Pereira atópase unha das numerosas alvarizas que conserva o concello de Forcarei. Con todo tan só un par delas manteñen actualmente un "bo aspecto" e unha delas é esta de San Bartolomeu. As alvarizas son construcións tradicionais cuxo obxectivo era protexer as colmeas e o prezado mel dos depredadores, sobre todo do oso que ata o século XIX poboaba estas terras. Esta de Pereira ten forma rectangular e unhas dimensións que alcanzan os 17 metros por 10 de ancho. Os seus muros alcanzan unha altura no seu exterior de dous metros nalgúns puntos e no seu interior alcanzan os catro metros. A súa porta oriéntase ao nacente aínda que o seu acceso non é posible por ser unha propiedade privada. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN