Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

Lagoa das Pontes | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Máis fotos aquí) A empresa Endesa explotou o complexo mineral de As pontes durante máis de 30 anos. O lignito era o prezado mineral para poder dar vida á central térmica de As Pontes. Para iso creouse unha mina a ceo aberto polo que se realizou un gran burato de máis de 200 m de profundidade, unha extensión de 811 ha. A extracción do mineral ademais propiciou a formación dunha grande entulleira. O motivo principal é que tristemente saía máis rendible exportar o mineral do estranxeiro dende centos de quilómetros que extraelo a 500 m. A partir do ano 1985 comézase a recuperar a entulleira e os primeiros plans para a recuperación do gran "burato". Decidiuse a creación dun gran lago mediante as chuvias o que conduciría a unha enchedura que duraría 20 anos. Non obstante preparouse outro plan desviando algún pequeno regueiro e creando unha canle para traer auga do Eume. En pouco máis de catro anos conseguiuse a enchedura que culminou na primavera do 2012, creando así o maior lago

Fervenza das Painceiras ou de Bermui | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Fotos de Toni Corrales) Na parroquia de Bermui, nas Pontes de García Rodríguez, un pequeno regueiro coñecido como Rego dás Foxas dá as súas augas ao Río Eume. Este pequeno río de escaso caudal ten menos de dous quilómetros de lonxitude e tres cuartas partes do seu traxecto discorre por zonas chairas. Ao chegar ao encaixado val do Eume salva 100 metros de desnivel en tan só 200 metros finais o que provoca que en épocas de chuvias se formen fascinantes fervenzas. Unha delas de case 10 metros de altura sorprenderanos pola súa beleza. A forza desta parte do río foi aproveitada nas décadas anteriores para a moenda do gran. Proba diso é a existencia de dous muíños de auga que conforman unha magnífica paisaxe realmente belo. Localización - Mapa Ver mapa más grande