Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ARTEIXO

Ponte dos Brozos | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Fotos de ) Existen bens patrimoniais e históricos que por motivos alleos a eles víronse forzados a convivir con paisaxes que ata hai pouco eran inimaxinables para estes. É o caso da Ponte dos Brozos, que a duras penas conseguiu salvarse da barbarie da tecnoloxía e da civilización e manterse case intacto. Este sitúase no corazón dun grande area industrial coñecido como O Polígono do Sabón. Hoxe forma parte do Paseo Fluvial que discorre sobre este polígono paralelo a un río ferido polo progreso, o río Bolaños. Supónselle un pasado romano, ligado á vía que percorría a costa e que era coñecida como Per Loca Marítima. A través dos séculos a ponte sufriu varias modificacións ata chegar ao estado actúal. Hoxe presenta dous arcos cun tallamar contra a corrente. No lado contrario ten unha pila que crea un apartadoiro xunto á calzada que tamén conserva un vello enlousado. A pesar de non ter ollos apuntados a calzada encóntrase en lixeira pendente en ambos os dous lados. Localización - Mapa Ver

Praia de Sabón ou de Alba | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Fotos de Toni Corrales) Esta gran praia perdeu todo o seu esplendor dende que se instalou xunto a ela a central térmica de Sabón, xusto na desembocadura do Río Arteixo ou Bolaños no que tamén se contruiu unha presa coñecida como Encoro de Ruxidoiro. Ademais da central o Río Bolaños discorre polo interior do Polígono Industrial de Sabón polo que dende fai xa moitos anos non baixa como a todos nos gustaría. A zona dunar  sur é moi escasa debido á degradación dos últimos anos. Cara ao norte encóntrase a central e o encoro. A praia é bañada polo Océano Atlántico e por iso recibe forte ondada. A praia conta cun bo aparcadoiro. A construción do porto exterior de Punta Langosteira provoca que a praia se desconfigure máis aínda no seu aspecto natural. A pesar desta contaminación, o encoro é utilizado por moitas especies de aves que ven nas súas augas doce un lugar onde poder alimentarse e criar. Ocupa unha extensión de 900 metros por 40 metros de ancho. O Tempo na praia de Sabón con: Localiza

Praia Valcovo ou de Area Grande | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Fotos de Toni Corrales) Atoparás esta praia de Arteixo escrita das máis diferentes xeitos: " Valcobo, Balcobo, Balcovo," non obstante o topónimo oficial é "Valcovo" e para evitar confusións así mostrarémolo. A praia de Valcovo encóntrase protexida polo sueste por unha elevación coñecida como O Monte da Angra que alcanza os 239. Cara ao nordés sitúase un pequeno monte de 133 metros que mantén restos dunha ocupación castrexa. O val deixado entre estas dúas elevacións forma na costa esta fermosa praia triangular que conta con máis de 260 metros de lonxitude na súa parte máis ancha. O seu ancho varía moito xa que alcanza un mínimo de 30 metros e un máximo de 100 en marea baixa.  O areal está flanqueado pola Punta do Compás e a Punta do Petón. Praia de mar aberto rodeada de dunas que fai que este resgardada á vista, facendo dela un lugar paradisíaco de augas limpas. A súa proximidade ao casco de Arteixo provoca que sexa unha das praias máis transitadas do municipio. Con