Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ARBO

Sendeiro dos Pescadores Río Miño, Arbo | GALICIA MÁXICA

Imaxe
En Arbo existe unha fermosa ruta que discorre a beiras do Miño e que percorre parte do seu interesante e xa histórico patrimonio pesqueiro e da que ademais poderemos gozar da marabillosa contorna natural de ambas as beiras. Un lugar que outrora concentrou unha gran cantidade de pesqueiras das que aínda poderemos ver algunhas delas. A ruta parte desde a praia fluvial, xunto á ponte internacional que une Arbo con Melgaço (O Peso-Paderne, Portugal), que antigamente estaba unida cun paso en barca coñecido como A Barca Vella e que formaba a fronteira histórica de San Marcos. Alí mesmo atoparemos a maxestuosa Pesqueira dos Cregos , formada por catro poios e catro bocas (unha delas coñecida como Pillagatos ) e dous rabos unidos. Desde as súas pedras pescábase co viturón e as masouras diferentes especies entre as que destaca a famosa lamprea. O seu nome lembra aos tempos en que este tipo de pesqueiras pertencían aos mosteiros e cenobios dos arredores e cuxos monxes tiñan

Serradoiro da Ponte Cabaleiros | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A PONTE En Arbo existe un lugar denominado A Ponte Cabaleiros por onde discorría a antiga PO-400 hoxe desviada uns metros máis abaixo. Neste lugar existe unha ponte do século XIX por encima do río Cea. A auga dos regachos eran aproveitados polas maquinarias dos muíños e outras industrias que precisaban desta enerxía. Por iso é frecuente ver tamén vellos serradoiros xunto ás súas canles. Aquí, xunto á antiga ponte do Cea temos os restos dun deles. Atópase totalmente abandonado e presenta varias edificacións de distintas épocas xunto ao río e sobre a súa canle. Por unha banda temos as antigas instalacións cuxos muros foron construídos con sillería e mampostería. O río Cea pasa por baixo da edificación mediante un gran arco de medio punto. Moi preto existen outras tres edificacións, unha de granito e outras dúas de ladrillos artesanais. Nelas aínda nos sorprenderán os restos de maquinarias e dos propios dentes de serras que se atopan totalmente abandonados. Causa impresión ver unha máquin