Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta AMES

Pazo da Peregrina | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Máis fotos aquí) Ortoño No corazón do val da Amaía, existe unha vila que tivo un enorme crecemento no último século, por estar moi preto da capital de Galicia, Santiago de Compostela, e encontrarse a medio camiño das praias de Noia e esta última cidade. Pero Bertamiráns sempre foi unha zona de paso importante, debido a que o Camiño de Santiago discorría por estes lares en dirección ao Cabo Fisterra.  Ademáis aquí xuntábase o camiño que proviña de Negreira por Ponte Maceira, en dirección a Santiago e o de Padrón. O pazo (s. XVIII) sitúase no centro de Bertamiráns e forma parte dun conxunto axardinado creado para o desfrute dos cidadáns. Componse dunha capela, coñecida como da Peregrina onde se realizaban ata hai pouco misas parroquiais e dous edificios auxiliares onde se atopa a porta principal e unha fonte circular de pedra. O edificio principal presenta dunha balconada e a súa planta é rectangular, como a planta de moitos pazos galegos. A súa capela está dedicada ao antigo culto á Vi

Muíños do Río Riamonte | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Fotos de Toni Corrales) Ruta da Auga de Ames (Vilar) - Muiños do Río Riamonte Entre o Monte de San Marcos e Os Pedrouzos fórmase o val por onde discorre o río Riamonte. Antes de chegar a Vilar existe un conxunto de once muíños parcialmente restaurados que forman parte dunha fermosa ruta coñecida como Ruta dá Auga de Ames que nos conducirán xunto ao río entre un bosque de freixos, ameneiros, carballos e eucaliptos e varios elementos dedicados ao funcionamento dos muíños, como canles e presas. A ruta se incia en Vilar preto do único muíño en funcionamento. Pouco despois comeza o ascenso e en tan só un traxecto de 500 metros encontraremos os seguintes dez muíños. A ruta levaranos despois de sete quilómetros ata o alto de San Marcos de, 351 metros, pequeno cumio de orografía perfecta para a situación dunha antiga atalaia ou algún tipo de localización defensiva medieval ou quizais anterior. Dise da posible existencia dunha torre medieval neste punto. Proba da existencia de posibles restos