Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A CORUÑA

Fiestra Aberta ó Mar | GALICIA MÁXICA

Imaxe
No ano 2004 foi inaugurado parte do Paseo Marítimo da Coruña e para iso foron instaladas unha serie de esculturas ao bordo do mesmo. Unha delas colocada na zona de O Portiño é obra de Francisco Pazos e denomínase "Fiestra Aberta ó Mar", comunmente coñecida como Xanela ao Atlántico. Trátase dunha composición de pezas de pedra que forman unha xanela coas contras abertas erosionadas pola acción do vento e da auga e que non podería ter mellores vistas; o océano. As súas doce pedras de granito unidas con resinas e aceiro inoxidable forman unha escultura que mide 4,5 metros de altura e ten un ancho de 2,5 metros. En fronte localizanse as chamadas Tres Illas formadas pola Illa do Vandabal, A Illa do Pé e A Illa do Aguión. Sen dúbida o conxunto é un lugar único para contemplar as postas de sol sobre o Océano Atlántico. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN

Monte de San Pedro | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Batería de costa C-8 - Batería do Monte de San Pedro Outro dos numerosos puntos defensivos estratéxicos militares de Galicia foi o Monte de San Pedro, situado moi preto da cidade da Coruña. Neste monte sobre a costa de 139 metros de altura mantívose activo un cuartel militar de principios de século destinado á defensa do Golfo Ártabro ata os anos 70 do século XX. O punto defensivo estaba provisto de dous xigantescos canóns modelo Vickers Armstrong construídos no ano 1928 cuxo alcance roldaba os 40 quilómetros e a súa munición pesaba máis de 800 quilos. Aínda así, os seus 17 metros de lonxitude e a súa calibre de 381 mm non impedían unha frecuencia dun disparo por minuto. Estes canóns foron construídos por Barrow-in-Furness en Inglaterra e trasladados por mar ata o porto da Coruña. Unha vez alí non houbo máis remedio que usar un sistema de raíles desmontables e a unha velocidade de 200 metros por día levalos ata a cima do monte. A parte destas dúas pezas de artillería o cuartel posuía b

Parque de Bens |GALICIA MÁXICA

Imaxe
Nas proximidades da cidade da Coruña existe un gran parque de recreo creado no ano 2001. Construíuse sobre o que no século pasado foi o vertedoiro da cidade. É o Parque de Bens. No ano 1996 un fatídico accidente levou a vida dunha persoa ao esborrallarse parte do lixo acumulado nunha das súas ladeiras. Este feito supuxo un cambio de conciencia municipal e a promesa de rexenerar este lugar. Así, seis anos despois (2001) e con motivo do Día Mundial de Medio Ambiente, o parque foi inaugurado para o goce dos visitantes. O parque conta con 60 hectáreas para o esparexemento e está dotado con parques infantís, paseos, bancos, estanques, fontes, esculturas que evocan a un pasado e miradoiros. Xunto ao parque infantil poderemos ver o primeiro barco de salvamento de España coñecido como Branca Quiroga. A área está valada, vixiada e conta con horario de apertura e peche, así como un bo aparcadoiro no exterior. O punto máis alto é unha lomba natural de 161 metros desde o que poderemos ver unhas fa