Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A CAÑIZA

Sorpresa! Un neveiro recuperado

Imaxe
  Grata sorpresa a que nos levamos ao ir visitar de novo os restos do " Neveiro dos Frades", tamén coñecido como da Franqueira e propiedade na súa antigüidade dos monxes deste próximo mosteiro. Hai tempo soubemos da súa existencia e decidímonos ir atopar os seus restos. Non foi fácil, pois non aparecía nos mapas e por suposto non estaba sinalizado, pois non eran moitos os que coñecesen a súa existencia. Grazas a lectura especializada, á intuición e sobre todo ao "ditoso" Google Earth puidemos localizar os seus restos case imperceptibles daquela sobre o mapa. Era sabido que os seus restos non poderían estar en bo estado pero aínda así a decepción foi grande, pois non entendiamos como un elemento patrimonial de case 500 anos puidese estar en semellante esquecemento. As filtracións de auga provocaran esborralles nos seus muros e os incendios arrastraron gran cantidade de desfeitos cara a dentro como ramas e árbores. Este fin de semana propuxémonos volver

Ponte Taín | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Ponte Taín localízase en Parada de Achas , no concello da Cañiza, aínda que Taín é un lugar da parroquia de Valeixe cuxos límites administrativos atópanse a uns 200 metros. Sobre as súas terras discorre o sempre sorprendente río Deva, o cal desemboca no Miño, en Arbo. Este río e os seus afluentes forman fermosas fragas e recunchos en grao sumo máxicos desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. Na Ibia discorre unha pequena estrada que cruza o río mediante unha ponte que podería datar de finais do XVIII ou principios do XIX . A súa calzada é hoxe de asfalto e os seus pretiles actualmente son metálicos. O máis probable é cando pasemos sobre el nada nos chamará a atención e seguramente pasemos sen darnos conta e sen reparar que estamos a pisar unha ponte xa centenaria. Recomendamos parar e deixar que a atracción de este lugar chámenos e así poder coñecer os seus segredos. Na beira do río e moi preto da ponte consérvanse os restos dun muíño harinero que achegan se cab