Ponte de Vilar de Mouros | GALICIA MÁXICA
Hai séculos, moito antes das actuais vías, existían varios pasos que viñan da costa de Portugal cara a Galicia. Unha delas consistía en cruzar o Miño desde Caminha en barca. Para evitar este paso había unha vía de orixe medieval que discorría cara a Vilar de Mouros e unha vez aquí o camiño bifurcábase cara a Seixas en dirección a Valença do Minho e cara ao interior a través do Coura. En Vilar de Mouros no lugar da Ponte e cruzando o río Coura consérvase en excelente estado de conservación unha gran ponte de orixe medieval considerada o prototipo das pontes góticas de Portugal e que conta con grandes similitudes estruturais coa ponte de Ponte de Lima. A súa construción data probablemente dos séculos XIV ou XV e está formada por tres grandes arcos apuntados, dous tajamares triangulares contra corrente e dous rectangulares no lado oposto. Ten tamén dous aliviadoiros sobre os seus tajamares e varios de máis recente construción nunha das súas esquinas. En 2008 sufriu unha reforma para ser r