Muiño das Azenhas do Tio Luís | GALICIA MÁXICA


A palabra portuguesa “azenha” tradúcese como “acea” e provén da palabra de orixe árabe hispánica “assánya” que á súa vez deriva do árabe clásico “siniyah” que significa “elevadora”. Este termo deu nome aos muíños de roda vertical apostados nas beiras dos ríos xa que foron os árabes os que introduciron esta tecnoloxía na Península durante a invasión musulmá. Hoxe ademais de nomear este tipo de muíños tamén se pode referir á presa que mantén e desvía a auga cara á maquinaria e que en galego denominamos “ceña”.

Aquí, na parroquia de Vilar de Mouros, en Caminha, existe un gran muíño de catro rodas verticais que aproveitaba as augas do río Coura e que se mantivo abandonado ata o ano 2014. No ano 1974 foi comprado para facer un restaurante pero nunca levou a cabo e non foi ata o ano 2004 cando foi adquirido polos seus actuais propietarios quen en 2014 comezaron a súa rehabilitación para que en ano 2017 finalizase a súa gran restauración e a súa apertura como establecemento rural.


No século XIX sábese que pertencía a un tal Luís Maria de Azevedo e en honra a este coñécese hoxe como As Azenhas do Tio Luís. A súa actividade molinera durou ata ben entrado o século XX.


Unha presa de grandes pedras retén as augas e desvíaas para a maquinaria que outrora servían para a moenda de fariña e para o liño.
En fronte ao muíño existe unha zona recreativa preparada como praia fluvial e que conta con servizos e un local de hostalería.
Moi preto temos a ponte de Vilar de Mouros de orixe medieval.

Máis fotos aquí


MAPA – LOCALIZACIÓN

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *