Torre de lapela | GALICIA MÁXICA


União das freguesias de Troporiz e Lapela

Entre Valença e Monção atópase a beiras do Miño a pequena localidade de Lapela. Neste lugar existe unha gran torre de homenaxe que é o único que se conserva do Castelo de Lapela o cal se destinaba á vixilancia da Raia.

Tense constancia xa del no ano 1130 sabendo que se construíu por orde de D. Afonso Henriques. No século XIV levántase a impoñente torre de homenaxe que mantén unha altura próxima aos 30 metros.

Nos séculos posteriores as murallas defensivas foron desfeitas para construír a muralla da próxima poboación de Monção. En 1860 coa torre xa arruinada desfaise o que queda do castelo para remendar algunhas rúas da nomeada poboación. En 1943 cédese aos Serviços dá Direcção-Geral de Marinha coa condición de mantelo en condicións e que puidese ser visitado.

Desde o ano 1936 veñen realizando tarefas de rehabilitación e no 2016 conclúense os traballos deixando unha torre totalmente restaurada e visitable.

A torre ten planta cuadrangular e cóbrese con tellado a catro augas, rematándose con varias almenas repostas nas rehabilitacións.

Para acceder ao interior hai que subir unhas empinadas escaleiras metálicas que nos levarán ata a porta gótica de entrada. Dentro poderemos ver paneis informativos sobre a historia da torre e o conflito co reino de Castela.

Nos arredores poderemos ver un bonito cruceiro e unha casa blasonada do século XVII.

 

Máis fotos aquí


MAPA – LOCALIZACIÓN

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *