Igrexa parroquial de Monção | GALICIA MÁXICA


 Igreja de Santa Maria dos Anjos

No interior da praza fortificada de Monção atópase a igrexa parroquial de orixe gótica. Ten planta lonxitudinal con varias dependencias como a sancristía encostadas ao norte e ao sur.

Comézase a construír en 1308 e en 1521 engádese a Capela de São Sebastião. En 1641 constrúese a torre de tres corpos e anos máis tarde, en 1701, rehabilítase a igrexa integramente.

Na súa fachada ábrese unha porta de arco de medio punto cunha fermosa decoración románica tardía. Aos lados existen dous óculos lobulados e sobre ela un gran rosetón.

Vale a pena camiñar polas rúas contiguas e gozar da arquitectura civil desta vila.

 

Máis fotos aquí


MAPA – LOCALIZACIÓN

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *