Área Recreativa de Mouriscade | GALICIA MÁXICA


O río Asneiro discorre sinuoso pola parroquia de Vilanova. Nun dos seus meandros aproveitouse a contorna natural existente para habilitar ao redor dun conxunto de muíños unha boa área recreativa. Ademais de dous muíños, o lugar conta con mesas e un alpendre para grellas.

O muíño máis grande está aberto e rehabilitado con paneis informativos. Trátase dun muíño con dous grandes moas, de tipo dorna, polo que seguramente fose un muíño de maquía. As grandes proporcións das moas dannos contan dun pasado cheo de actividade xa que seguramente fosen moitos os veciños dos arredores que debían utilizar este muíño.

Aínda que sen “moegas” unha das moas conta cunha “caixa de fariña” rehabilitada. Polas súas características podemos dicir que a actividade se mantivo ata ben entrado o século XX.

Xunto ao muíño sitúase a “acea” e a canle que desvía a auga cara os rodicios, propio deste tipo de muíños de dorna.

Xunto a esta área localízase o albergue Vicente Agulló, o Club Hípico e o Centro de Aspadeza. Tamén veremos o laboratorio e as instalacións de Leira Mouriscade, propiedade da Deputación e onde se desenvolven diversas investigacións e análises de produtos destinados á alimentación animal. A actividade deste centro desenvólvese desde 1990.

Máis fotos aquí


MAPA – LOCALIZACIÓN

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *