Petróglifos do Pozo da Lagoa | GALICIA MÁXICA


Outros dos conxuntos de petróglifos que se conservan nas inmediacións de Monte Penide son os gravados do Pozo dA Lagoa, na parroquia de Trasmañó. Alí a unha altura de 340 metros e moi preto da área recreativa do mesmo nome localízase un conxunto de cinco rocas adornados con diferentes motivos milenarios.

Poderemos acceder ao lugar pola mesma área recreativa xa que se sitúan a uns 100 metros desta área que hoxe en día é de recreo pero que no seu chan garda grandes secretos do neolítico. Proba diso, ademais dos gravados, son os restos de mámoas que hoxe en día son case imperceptibles e que se mesturan con mesas e grelladas.

No ano 2016 os petróglifos foron sinalizados e provistos dunhas pasarelas de madeira para unha mellor observación e coidado.

As rocas móstrasnos debuxos como círculos concéntricos, coviñas, cruciformes, puñais e outras armas que nos lembran ao conxunto da Pedra da Auga, no Galiñeiro. En canto aos cruciformes poderían ser marcas divisorias medievais xa que parecen máis marcados e ademais por esta roca pasa a divisoria parroquial entre Trasmañó e Cedeira.

Sinalar que este conxunto sitúase a uns metros da poza que da nome a este lugar e que podería confirmar o que moitos pensan sobre a relación e proximidade dos gravados con nacementos de auga ou similares.

Máis fotos aquí


MAPA – LOCALIZACIÓN

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *