O Puntal da Serra | GALICIA MÁXICA


A costa sur da península de Monteferro componse de rocas graníticas mentres que no seu lado norte o xisto é a roca máis presente. Por iso, a erosión nesta últimas forma caprichosas formas dentadas e puntiagudas. E é esta forma a que deu nome a esta pequena punta da Serra.

Trátase dun pequeno entrante de terra no mar de 19 metros de altura e desde onde poderemos observar con detalle a costa norte de Monteferro ata a Punta Lameda. Desde aquí temos tamén unha boa panorámica de toda a Enseada de Patos.

Accédese por un estreito camiño desde a Fonte da Serra. Debemos extremar a precaución pois un resbalón poderíanos traer un gran desgusto polas inclinadas paredes dos cantiis.

O lugar está sinalizado como miradoiro e forma parte da Senda Litoral de Monteferro. Denomínaselle O Puntal da Serra ou A Ronsel da Serra.

Moi preto poderemos ver os restos do cuartel militar do século XX e na costa sur a maior concentración de muíños de man do neolítico en Galicia.

Máis fotos aquí


MAPA – LOCALIZACIÓN

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *