Fervenzas da Rexidoira | GALICIA MÁXICA


Na parroquia de Filgueira de Barranca, concello de Oza-Cesuras, na Coruña, atópanse catro fervenzas do río Mendo, nunha contorna de bosque animado. Pertence á Reserva Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Chégase pola AC840 Oza-Cesuras a Curtis, ou á inversa.

Desde o centro urbano de Oza-Cesuras, tomando dirección a Curtis, a un 15 km. (queda a tan só 2 km de Curtis), hai un indicador para coller un desvío á dereita, por estrada asfaltada, ata chegar a 1-2 km., ata a aldea da Rexidoira (lugar que dá nome ás fervenzas). Alí déixase o coche e iníciase o camiño, por ancha pista forestal para andar 100 metros ata chegar ao lugar de inicio do percorrido para ver as fervenzas no mesmo río Mandeo.

 

Fotos e texto de:

Á primeira accédese baixando unha pendente, con varanda de madeira. Impresiona o estrondo da auga ao golpear na súa caída, no medio da nada e o silencio. Só esta fervenza ten varanda.

Á beira, un carreiro permítenos seguir baixando e aproximarnos ao río. Á segunda fervenza, de perigoso acceso, chégase camiñando uns metros por outro carreiro á dereita e dela só vese o inicio da caída (a pesar de ter 8 metros de altura e ser posiblemente a máis espectacular, pola caída de auga nunha garganta , actualmente só é visible na súa totalidade polos pescadores, polo perigo do terreo). Continuamos e chegamos a un miradoiro sobre o río (tamén de difícil acceso pola humidade do chan e as pedras). Só hai unhas cordas para agarrarse e baixar a ese miradoiro.

Á terceira e cuarta fervenza pódese acceder de dúas maneiras, a primeira, volvendo uns pasos atrás e seguindo despois por carreiro sen preparar pero transitable ou volvendo á pista forestal inicial e camiñando uns metros máis para chegar a unha nova entrada á contorna.

Para acceder a estas últimas fervenzas, da mesma maneira hai que baixar pendente. Xa aquí, estariamos a nivel do río e a zona aí vólvese máis chaira, pero sempre nos atopamos en zona húmida e esvaradía.

 

A terceira fervenza, coñecida como Pozo da Ola é a máis coñecida e conta cunha lenda máxica.

A contorna é húmido, típico galego, cheo de brión nas pedras e os troncos das árbores. Nalgunhas zonas os carreiros están sinalizados.

É aconsellable levar calzado adecuado e ter coidado en caso de ir acompañado de nenos.

A época ideal para visitalas é a primavera, cando o río leva suficiente caudal para gozar do espectáculo e tamén se poden visitar no outono, despois das primeiras choivas, para observar as cores do precioso bosque galego.

Máis fotos aquí


MAPA – LOCALIZACIÓN

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *