Fiestra Aberta ó Mar | GALICIA MÁXICA


No ano 2004 foi inaugurado parte do Paseo Marítimo da Coruña e para iso foron instaladas unha serie de esculturas ao bordo do mesmo.

Unha delas colocada na zona de O Portiño é obra de Francisco Pazos e denomínase “Fiestra Aberta ó Mar”, comunmente coñecida como Xanela ao Atlántico.

Trátase dunha composición de pezas de pedra que forman unha xanela coas contras abertas erosionadas pola acción do vento e da auga e que non podería ter mellores vistas; o océano. As súas doce pedras de granito unidas con resinas e aceiro inoxidable forman unha escultura que mide 4,5 metros de altura e ten un ancho de 2,5 metros.

En fronte localizanse as chamadas Tres Illas formadas pola Illa do Vandabal, A Illa do Pé e A Illa do Aguión.

Sen dúbida o conxunto é un lugar único para contemplar as postas de sol sobre o Océano Atlántico.

Máis fotos aquí


MAPA – LOCALIZACIÓN

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *