Ruínas da Capela de Sta. Ana o da Quinta do Fojo | GALICIA MÁXICA

Ao percorrer a estrada de Tarouba (topónimo de orixe prerromano), na freguesía de Cerdal (Valença do Minho) atopámonos os restos dunha capela que parecía probablemente barroca.
Á beira de esta existe unha explotación agraria na que pola súa edificación en forma de "L" e pola súa porta de entrada presumiblemente parecía os restos dun antigo pazo. E así o confirmamos despois. Trátase do pazo Quinta do Fojo aínda que deste moi pouco pódese apreciar xa, pois como dixemos na actualidade existe no seu interior unha explotación de gando.
Trátase dunha capela rectangular do século XVI e coñécese como Capela da Quinta do Fojo ou Capela de Santa Ana. Sobresae o seu gran brasón familiar sobre a porta alintelada da fachada principal. O gran lintel tamén está decorado con dúas flores de lis e unha cruz similar á trebolada con varios motivos fitomorfos.
Toda a capela está construída cunha rústica cachotería agás na fachada que conta con perpiaños de boa labra. Isto podería indicarnos que foi modificada no século XVIII e máis aínda cando vemos unha antiga espadana nun dos laterais da igrexa que podería pertencer á antiga fachada principal. Engadida existen tamén os restos dunha vella sancristía.
Segundo Pinho Leal a capela e o pazo pertencían á familia dos Caldas, de Vascões, fidalgos da Casa Real.

Máis fotos aquí



MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Poboado castrexo de Castromaior