Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2017

Punta Corveiro, O Con Merdeiro | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Punta Corveiro, Punta Corveira, Punta Corbeiro... son os diferentes topónimos que nos atoparemos ao buscar este pequena pero preciosa punta de Noalla, en Sanxenxo. O que está claro é o porqué do nome, pois in situ pronto nos daremos conta. Non hai máis que ver desde a punta unhas rocas que sobresaen mesmo con marea alta e poderemos ver normalmente un ave pousada sobre elas. Trátase do "corvo mariño" (phalacrocorax). De aí o nome de Punta Corveiro. Sobre estas pedra notaremos unha capa branca provocada polos excrementos deste ave e que curiosamente deu o nome a estas rocas; O Con Merdeiro. Punta Corveiro atópase entre A Lanzada e Punta Faxilda e desde aquí poderemos ver as illas de Cíes, Sálvora e Ons, ademais de toda a enseada da Lanzada e a península do Grove. É un magnífico lugar para gozar das postas de sol e das vistas ao océano. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN

Punta Faxilda | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Punta Faxilda é o punto máis setentrional do concello de Sanxenxo e localízase na parroquia de Noalla. Un lugar especial para a observación do océano e das illas pertencentes ao Parque Nacional dás Illas Atlánticas pois desde aquí temos á nosa vista as Cíes á esquerda, Ons á fronte e Sálvora á nosa dereita. Poderemos ver tamén a praia de Major e a veciña Punta Corveira ademais da bocana da Ría de Vigo con Cabo Silleiro e Cabo Home. Ao norte divisaremos O Grove e por detrás a península de Barbanza coa Curota como silueta característica. Elévase a 31 metros sobre o mar e conserva unha flora propia da fachada de costa Atlántica. Non é difícil ver pasar arroaces (golfiño mular) moi cerquita da costa. Seguindo a moda dos "bancos máis bonitos do mundo" Punta Faxilda tamén posúe o seu que foi creado por veciños da parroquia de Noalla creando un magnífico miradoiro. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN