Souto de García Sánchez e Fraga do Rodo | GALICIA MÁXICA

Outro dos numerosos bosques caducifolios que contén o concello de Lalín entre os seus límites son as Fraga de Rodo e o Souto de García Sánchez que practicamente forman un mesmo paraxe natural.



No souto (bosque de castiñeiros), atopamos unha plantación en liñas de castiñeiros xa centenarios que era parte da familia García Sánchez. A súa función, do mesmo xeito que o Souto de Quintela en Catasós, era proporcionar madeiras nobres ás familias posuidoras destas terras.


Hoxe en día é unha gran área recreativa acondicionada con obras de Sergio Portela que foron reacollidas aquí despois de ser retiradas da Carballeira da Crespa. Existe unha gran mesa denominada "mesa parroquial" obra de Cesar Portela, pai do escultor nomeado, que mide 33 metros de longo por 3,5 de ancho e que foi realizada no ano 2001 e trasladada aquí en 2009.


No centro do parque temos a denominada "A Fonte" cunha figura feminina de bronce cun pequeno estanque e rodeada de catro esculturas de fantasiosas formas que representan un ser a medio formar e reflicten sufrimento na súa transformación. No centro, un cubo, debería albergar a quinta obra escultórica que representaba a calma e a felicidade pero que se garda no Museo municipal.


A fraga de Rodo que está xunto a este souto está composta na súa maioría por carballos e outras árbores autóctonas. Conta con parque infantil e biosaludable.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A Cidade dos Mortos das Costas do Alén