Petróglifos do Alto da Bandeira | GALICIA MÁXICA

Ao sur do municipio de Vigo, en Saiáns, e a escasos metros da fronteira con Nigrán, levántase un cerro que alcanza os 392 metros de altura. Recibe o nome de Alto da Bandeira ou Cabezo de Saiáns.



Desde o alto obteremos unha das máis fermosas panorámicas da costa da Comarca de Vigo, desde Cabo Silleiro ata o Estreito de Rande. Ao fondo en días despexados poderemos ver practicamente todas as bocanas das Rías Baixas, así como todos os arquipélagos delas. Tamén veremos a próxima e gran antena vermella e branca do centro de salvamento marítimo que antes de 2015 atopábase sobre a Illa de Toralla.



Recibe o nome de Alto da Bandeira pois era tradición que os mozos subisen ata aquí e colocasen unha bandeira sobre un buraco na roca piramidal do alto. Así daban aviso aos maiores de que o gando estaba xa pastando en bo lugar.



No lado Este de esta montaña piramidal existe unha gran roca plana que hai máis de 5000 anos foi preparada para a moenda de diversos materiais. Sobre a roca existen ata seis muíños pero tan só dous deles son claramente visibles pola súa profundidade.



Dita roca plana formaba parte dun gran penedo que se sitúa sobre esta,  xa que se aprecia claramente como encaixaría, polo que é probable que esta "mesa" fose creada para tal acción de moenda e outros ritos.
Para saber máis:

https://petroglifosdomauxo.com/2010/02/18/monte-da-bandeira-i/

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A Cidade dos Mortos das Costas do Alén