Ponte do Mouro ou Ponte de Barbeita | GALICIA MÁXICA

Está claro que Portugal tamén tivo aos mellores e máis rápidos arquitectos da historia e aquí temos outra obra destes. Denominado Ponte Barbeita en honra a unha das freguesías que o acubilla, esta incrible ponte tamén foi construído polos "mouros". Localízase entre esta parroquia nomeada e a União das Freguesias de Ceivães e Badim, no Concelho de Monção. O río Mouro fai de fronteira entre estas e sepáraas mediante un fantástico e profundo canón duns 30 metros. Para unir as dúas beiras construíuse na Idade Media unha ponte de pedra dun só arco lixeiramente apuntado apoiado nas paredes rochosas do canón. O río Mouro nace ás portas de Parque Nacional de Peneda-Gerês e durante un sinuoso percorrido de máis de 30 km chega ao río Miño para entregarlle as súas augas.



 

Sabemos xa da existencia dunha ponte no ano 1386. En este mesmo ano atopáronse neste lugar D. Juan I co duque de Lancaster (Juan de Gante), quen pretendía en trono de Castela. Unha placa nas inmediacións lembrando este histórico encontro atópase á entrada da ponte nova (1960). En 1627 destináronse 800.000 reais para a súa restauración e as obras foron realizadas por Amaro Francisco. Xa en 1979 a ponte é de novo consolidada ata chegar aos nosos días. Hai quen di que a ponte anterior podería ser incluso unha estrutura romana.



Entre os anos 1795 e 1880 construíuse A Ponte Nova situado uns metros máis abaixo e desde o cal veremos a fantástica Ponte do Mouro. Foi construída polo mestre Francisco Luís Barreiros.



Pódese acceder ao fondo do canón onde teremos mostras en abandono e a medio reconstruír de varios muíños. Pola mesma senda chegaremos xunto ao río á praia fluvial de Ponte do Mouro e aos restos do que parece unha antiga central.



Non deixaremos de darnos unhas voltas polos arredores nin de visitar a Capela de São Félix, o seu fornelo-oratorio co seu cruceiro, a súa fonte, o seu peto e a arquitectura popular que envolve este conxunto.

A ponte de granito é Imóvel de Interesse Público, Decreto nº 44 075, DG, 1.ª série, n.º 281 de 05 dezembro 1961.



Existe unha lenda ao redor da ponte que nos conta que un cabaleiro "mouro" era perseguido polos cristiáns que o querían matar. No último suspiro o "mouro" apelou a Santiago ofrecéndoo a súa conversión se o salvaba, cousa que así sucedeu. Desde aquela contan que as marcas das pisadas atópanse debaixo das pedras da ponte.


Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A Cidade dos Mortos das Costas do Alén