Parque das Caldas | GALICIA MÁXICA

As beiras do Miño sobre todo no seu último tramo presentan unhas grandes terrazas fluviais tanto na beira galega como na portuguesa. As particularidades físicas de este provocan a existencia de numerosos mananciais termais. Aquí, en Monção temos un gran exemplo diso.



Aproveitando esas terrazas e xunto aos edificios dedicados ao termalismo existe unha gran área de esparexemento que conta con miles de metros cadrados de zona verde, parque infantil, área recreativa, piscina municipal, pista de tenis, fútbol sala, petanca, skate e moito máis.



A todo isto sumámoslle a beleza da paraxe que forma o río Miño e as murallas defensivas da vila de Monção.


Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Con pés ou sen pés, o máis longo é

Ruínas da Capela de Sta. Ana o da Quinta do Fojo | GALICIA MÁXICA