Torre de Alarma de Barciela | GALICIA MÁXICA

Xunto á igrexa parroquial de Castrelo, en Barciela, existen os restos dunha torre cuxa función principal era avisar aos veciños en caso de reunións ou perigos exteriores. Dise que a torre foi despiezada parcialmente do seu lugar orixinal na fortaleza de Castro de Montes que se situaba a menos de 5 km de aquí, exactamente na parroquia de S. Miguel de Presqueiras, nunha lomba que hoxe conserva a Ermida de Castro que como o seu nome indica existiu aí un asentamento castrexo con anterioridade. Desta fortaleza sabemos que era a residencia dos "xuices merinos" que desde alí impartían as súas leis á comarca de Terra de Montes. Hoxe en día tan só son visibles os restos da súa localización orixinal.



La Torre da Alarma, Torre Vella, Torre de Castrelo, Torre de Barciela, son algúns dos nomes que adopta tan curiosa construción. Consta de tres corpos construídos en lousa cun alto total duns 10 metros. Ao primeiro corpo accédese por unhas escaleiras que conducen a un arco de medio punto cego. Desde alí outra escaleira bordea o exterior da torre para chegar ao corpo onde se prendía unha fogueira para crear sinais luminosos. Por fin, na parte de arriba levántase unha espadana cunha abertura dun arco de medio punto onde se supón que estaba instalada unha campá.



A súa construción remóntase posiblemente a finais do século XV ou principios do XVI, un pouco antes da construción da igrexa anexa de Santa Mariña de Castrelo. Sabemos que a fortaleza antes nomeada de Terra de Montes foi destruída polos Irmandiños en 1468 e pouco despois rehabilitada parcialmente aínda que o seu uso non durou máis de dúas décadas debido ás carencias da nova fortaleza. Os "xuices merinos" cambiaron o seu domicilio e trasladáronse a Soutelo de Montes.



Cóntase que a Torre de Alarma de Barciela estivo en activo ata mediados do século XVIII, despois de dar aviso dos invasores franceses e das tropelías cometidas durante a guerra carlista.



Esta construción localízase no igrexario da Mota, topónimo que nos avisa dunha pequena fortaleza ou similar da cal non sabemos se garda relación coa torre existente ou se anteriormente existise algunha na zona.

A torre de Barciela foi declarada BIC no ano 1849.


Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Poboado castrexo de Castromaior