Ponte de Gomail | GALICIA MÁXICA

  Castrelo - Forcarei


O Lérez é atravesado en Forcarei por multitude de pontes e pontellas das máis diversas épocas. Desde as milenarias poldras ata os novos viadutos das recentes infraestruturas contemporáneas.



Forcarei localízase a metade de camiño entre O Ribeiro e Santiago. Por este concello discorría o camiño dos arrieiros tamén denominado de "Os Breeiros" e por el circulaban os arrieros que transportaban as súas prezadas mercadorías ata a nomeada cidade santa. Ademais de este, parece ser que unha bifurcación dirixíase á Estrada dando nome á antiga vía romana denominada Via Strata. É posible que este ramal dese orixe á ponte medieval que tratamos.



Ponce Gomail é un das pontes de arco máis antigos desta zona pois a súa antigüidade remóntase ao século XV. Trátase dunha ponte construída en mampostería en forma de "chapacuña" de tres arcos, o máis grande lixeiramente apuntado. Este ten unha luz aproximada de oito metros, mentres que os dous restantes actúan como aliviadoiros. Ademais veremos outro arco polo que discorre unha canle de auga que recolle as augas dunha presa situada uns metros máis arriba. Supoñemos que este foi construído posteriormente, quizais nalgunha pequena reforma da ponte no século XVIII ou XIX.



O río divide as parroquias de Castrelo e Forcarei e poderemos acceder andando desde Gaxín, ao leste, ou desde Valadelo, ao oeste, baixando polo lugar de Areosa.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Poboado castrexo de Castromaior