Observatorio Astronómico de Forcarei | GALICIA MÁXICA

O Observatorio Astronómico de Forcarei (O.A.F) atópase preto das Casetas, nunha lomba de 676 metros que conta cunhas condicións de excelente visibilidade. A súa situación permite unha observación de 360º cunha reducida contaminación lumínica xa que está afastada de grandes centros urbanos e industriais que así o permiten. Ademais da lumínica, a contaminación atmosférica aquí sitúase a niveis moi baixos.



O observatorio foi construído en 2008 e en marzo de 2009 empezou a súa actividade. Baixo a cúpula branca levántanse dous pisos e a primeira planta alberga o centro de control, computadores, aseos, habitación e un almacén.



Na segunda temos o telescopio RCOS Carbon Truss de 20 polgadas, f/8.0 e diversos aparellos de observación.



O observatorio organiza distintas actividades para o achegamento do mundo das estrelas.

Para saber máis:


http://fc3.es/

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Poboado castrexo de Castromaior