Castro e Área Arqueolóxica da Cabeciña | GALICIA MÁXICA

A costa de Oia e as montañas adxacentes a esta, están cheas de vestixios dunha historia moi dilatada. Petróglifos, castros, emprazamentos medievais, mosteiros, son parte do patrimonio oculto desta costa.

En Mougás, moi preto da costa, levántase en Barcelos un pequeno montículo de 142 metros desde o cal temos unhas fantásticas vistas do horizonte e sobre todo da costa sur da parroquia de Oia. Trátase dun lugar inmellorable para gozar dunha posta de sol atlántica.



Isto xa o sabían hai máis de 3000 anos e así quixeron plasmalo sobre as pedras para a eternidade. É por iso que moi preto do cume existe un fantástico conxunto de petróglifos en forma de labirintos e círculos concéntricos e noutras rocas próximas tamén poderemos atoparnos diversas "coviñas" e cazoletas.



Algúns centos de anos despois o lugar tamén foi un asentamento castrexo e posteriormente atalaia alto medieval defensiva. Tense coñecemento dun mapa do século XVII onde se sinaliza unha fortaleza co nome de Castelo de Cabestán neste lugar. Despois disto non hai actividade sobre o seu cume ata que no ano 2012 comeza un gran proxecto arqueolóxico no monte de Cabeciña. Realízanse catas e ponse en valor o castro e os petróglifos sinalizándoos e limpando a área arqueolóxica. Isto deixa ao descuberto e á vista diversas estruturas defensivas tales como os fosos e as murallas, así como a croa do castro. Ademais habilitouse unha casa con materiais perecedoiros do mesmo xeito que o eran as antigas vivendas.





Se queremos saber moito máis aquí, deixámosvos estas ligazóns onde sairedes ben informados:



Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Poboado castrexo de Castromaior