Alvariza de Pereira | GALICIA MÁXICA

SAN BARTOLOMEU DE PEREIRA


Na parroquia de Pereira atópase unha das numerosas alvarizas que conserva o concello de Forcarei. Con todo tan só un par delas manteñen actualmente un "bo aspecto" e unha delas é esta de San Bartolomeu.



As alvarizas son construcións tradicionais cuxo obxectivo era protexer as colmeas e o prezado mel dos depredadores, sobre todo do oso que ata o século XIX poboaba estas terras.



Esta de Pereira ten forma rectangular e unhas dimensións que alcanzan os 17 metros por 10 de ancho. Os seus muros alcanzan unha altura no seu exterior de dous metros nalgúns puntos e no seu interior alcanzan os catro metros. A súa porta oriéntase ao nacente aínda que o seu acceso non é posible por ser unha propiedade privada.


Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Poboado castrexo de Castromaior