San Lourenzo de Barxacova | GALICIA MÁXICA

Mosteiro de San Lourenzo de Caldelas


A historia de San Lourenzo de Barxacova parace perderse en tempos remotos. Esta pequena aldea de Parada de Sil aséntase nun montículo de 600 metros de altitude e a súa localización privilexiada sobre o val do Mao e do Sil propiciou asentamentos desde a idade de ferro como mínimo.



Aínda que descoñecemos a existencia dun castro, características físicas non lle faltaban. O que si sabemos é que neste lugar existiu un mosteiro medieval chamado San Lourenzo de Caldelas e que dependía de Montederramo.



Fálase tamén dunha torre ou casa señorial a teor dos restos como brasóns e motivos decorativos que se diseminan por toda a pequena vila e que hoxe se mostran incrustados en diversas construcións, como na súa igrexa barroca. A toponimia existente como Casa dá Cárcere ou A Torre non fan máis que ratificar esta posibilidade.



Hai constancia dun documento do ano 1155 onde Fernando II doa o mosteiro de San Lourenzo de Caldelas, "situado entre os mosteiros de San Ciprián e San Adrián".



É probable que os asentamentos desta cima tivesen estreita relación coa necrópole de San Vitor, situada a uns 500 metros vale arriba e cuxa historia medieval abarca os séculos X-XV.




Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Ruínas da Capela de Sta. Ana o da Quinta do Fojo | GALICIA MÁXICA

Muíño das Azenhas do Tio Luís | GALICIA MÁXICA