Miradoiro das Xariñas de Castro | GALICIA MÁXICA

Na Ribeira Sacra calquera lugar é bo para gozar das vistas do val dos canóns do Sil. Aínda así temos ao longo de todo o seu percorrido e en ambas as beiras multitude de miradoiros acondicionados para o goce das mellores postais que nos podamos imaxinar.



En Parada de Sil fórmanse varios dos cantiis máis altos das ribeiras do Sil. Por iso é un lugar inmellorable para a observación do citado val. Ao leste do núcleo principal deste concello atópase o lugar de Castro que se eleva ata os 628 metros de altura. Non sería difícil imaxinar un antigo asentamento castrexo aquí como así o demostra a toponimia deste sitio. O punto máis alto e polo seu relevo é moi probable que albergase un poboado deste tipo.



Nas proximidades existen dous miradoiros, un denominado Miradoiro Natural dá Cividade (cidade, castro) e outro o propio das Xariñas de Castro, normalmente chamado Miradoiro de Castro. Descoñecemos a orixe da palabra "xariña" aínda que podería vir de "xaro" ou "xara", en referencia a diversas plantas e mesmo segundo algún estudioso a un tipo de cepa.



Para acceder ao miradoiro poderemos facelo a través do cámping en épocas de apertura ou ben por un carreiro que discorre por un lateral do mesmo cando nolo atopemos pechado. Xunto ao heliporto veremos dúas plataformas de madeira que se penetran nos cantiis de case 400 metros de desnivel.



Desde a plataforma veremos o profundo val do Sil entre os concellos de Sober e Parada de Sil.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Ruínas da Capela de Sta. Ana o da Quinta do Fojo | GALICIA MÁXICA

Muíño das Azenhas do Tio Luís | GALICIA MÁXICA