Área Recreativa de Carballeira do Rei | GALICIA MÁXICA

San Bernabé da Graña


No denominado Roteiro dás Estrelas que une diversos elementos patrimoniais e naturais do val do Río Tea, en Covelo, localízase esta pequena área recreativa. Valada para impedir o paso do abundante gañado que por aquí pasta atoparémonos cun recinto onde teremos mesas e grelladas baixo unha frondosa carballeira. Non hai fonte, tan só un pequeno regacho discorre xunto á área.



Veremos un panel informativo que con todo dado a "abundante" información da que alí se representa quedaremos máis "desinformados" e totalmente desorientados. O cartel tan só mostra catro puntos sen ningún tipo de orientación nin referencias topográficas nin distancias. Aínda así poderemos ver abaixo varios colaboradores destacados.

O lugar atópase a 700 metros de altura e é o unico espazo arborizado que se conservou nos arredores.



Na época que o visitamos e a pesar da súa recente instalación mostra moi pouco coidado e acondicionamento. Aínda así é un bo lugar para un descanso e un tentempié para continuar a nosa marcha e chegar ata a fantástica fervenza de Parrelos ou Ponte Abuiña sobre o Tea.

En Galicia existen numerosos topónimos que conservan a palabra "rei" e é que debemos saber que moitos bosques foron utilizados para uso forestal da

corona.


Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Con pés ou sen pés, o máis longo é

Ruínas da Capela de Sta. Ana o da Quinta do Fojo | GALICIA MÁXICA