Ponte Mourulle | GALICIA MÁXICA

Mourulle (San Vicente) - Ínsua (San Xián)


Ata fai tan só oitenta anos as posibilidades de cruzar o Miño por unha ponte non era tarefa fácil. Por iso existían ao longo do seu curso multitude de embarcadoiros para cruzalo por medio de barcas.



Aquí, entre O Saviñao e Taboada existía un paso deste tipo ata os anos 40 do século pasado.

Foi nesta época cando se construíu unha boa ponte de formigón cuxo tempo de uso durou menos de dúas décadas. E isto foi porque augas abaixo do Miño construíuse nos anos 50 o gran encoro de Belesar. Era coñecido como Ponte Fortes, en honra ao seu impulsor e foi construído entre 1942 e 1945. Mentres se construía xa se sabía o seu futuro pois anos despois foi alagado polo pantano nomeado e tívose que volver ao uso das barcazas.



Pero a unión das parroquias de San Xián de Ínsua e de San Vicente de Mourulle volveuse recuperar grazas á construción doutra ponte finalizada en 1969. Foi deseñado polo enxeñeiro de camiños José Antonio Torroja Cabanillas, II Marqués de Torroja, pai da popular cantante do famoso grupo musical Mecano e descendente tamén doutro enxeñeiro de camiños, Eduardo Torroja.



Habilitouse unha ponte con alicerces de formigón armado que ten un lonxitude de 269,4 metros divididos en tres vans cun central de 156 metros e un ancho de plataforma de 8,26 m. Ademais do paso de vehículos pola calzada existen dous pasos de peóns laterais. Cóbrese cunha estrutura metálica que o levou a ser denominado a "ponte dous parafusos".



A ponte atópase nunha bonita contorna natural nunha zona do val do Río Miño da Ribeira Sacra que está marcado por grandes desniveis onde outrora se cultivaba a prezada vide. A construción do encoro ocultou miles hectáreas dedicadas a este cultivo.



Na parte de Taboada habilitouse un miradoiro e unha área recreativa .
A siguiente imaxe está sacada do foro de http://foros.embalses.net/showthread.php/6577-Presa-y-embalse-de-Belesar/page42 e nela vemos a antigüa Ponte Fortes durante o desecado do Encoro de Belesar nos primeiros anos da segunda década do século XXI.


Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Ruínas da Capela de Sta. Ana o da Quinta do Fojo | GALICIA MÁXICA

Con pés ou sen pés, o máis longo é