Miradoiro de Santa Ana | GALICIA MÁXICA

Capela de Santa Ana


No Monte do Faro, moi preto da igrexa, existe un fabuloso miradoiro onde se construíu unha curiosa capela que data de 1905.

Accédese directamente desde o santuario e pasaremos por diante dun gran edificio para os romeus.

Capilla

A capela atópase no punto máis alto deste promontorio e ten unha planta octogonal. No seu interior unha discreta hornacina resgarda a imaxe de Santa Ana.

Na chaira do aparcadoiro poderemos ver dúas fontes e un curioso cruceiro que mantén unha columna cun estraño motivo decorativo sobre o fuste. Coróao unha moderna cruz latina. Na súa base poderemos ler diversas inscricións e unha delas parece marcar o ano 1840.



Aínda que non temos constancia é moi probable que este lugar fose un asentamento castrexo na antigüidade xa que son varias as similitudes con este tipo de asentamentos.

Nun chalé xunto ao miradoiro poderemos ver diversas pezas dun lagar que seguramente pertencese ao mosteiro que probablemente houbese xunto á capela de Nossa Senhora do Faro.

Cruceiro

Desde o miradoiro temos unhas das mellores vistas do Alto Minho en Portugal e do Baixo Miño en Galicia.

Non moi lonxe de aquí poderemos gozar do mosteiro de San Fins e do miradoiro de Santo Ovidio.

Valença

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A Cidade dos Mortos das Costas do Alén