Pazo da Peregrina | GALICIA MAXICA

(Máis fotos aquí)


Ortoño


No corazón do val da Amaía, existe unha vila que tivo un enorme crecemento no último século, por estar moi preto da capital de Galicia, Santiago de Compostela, e encontrarse a medio camiño das praias de Noia e esta última cidade. Pero Bertamiráns sempre foi unha zona de paso importante, debido a que o Camiño de Santiago discorría por estes lares en dirección ao Cabo Fisterra.  Ademáis aquí xuntábase o camiño que proviña de Negreira por Ponte Maceira, en dirección a Santiago e o de Padrón.



O pazo (s. XVIII) sitúase no centro de Bertamiráns e forma parte dun conxunto axardinado creado para o desfrute dos cidadáns. Componse dunha capela, coñecida como da Peregrina onde se realizaban ata hai pouco misas parroquiais e dous edificios auxiliares onde se atopa a porta principal e unha fonte circular de pedra. O edificio principal presenta dunha balconada e a súa planta é rectangular, como a planta de moitos pazos galegos. A súa capela está dedicada ao antigo culto á Virxe Peregrina, relacionada esta á vez co culto franciscano a Divina Peregrina de Sahagún(1688), destacada localidade leonesa do Camiño de Santiago Francés. Esta virxe peregrina de Bertamiráns viste roupa de camiñante, con sombreiro de á ancha decorado coa vieira, esclavina, bordón e cabaza para a auga.
Foi propiedade dos Altamira e antes de pasar ás mans do concellode Amés, pertenceu aos herdeiros da familia Azcárraga-Togores.

Na actualidade, as estanzas do pazo utilízanse para desenvolver actos culturais, eventos, cursos, etc. Tamén se utiliza a miúdo para a realización de vodas civís nun pazo tipo "casa rural" a un paso de Santiago de Compostela.




Localización - Mapa


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Ruínas da Capela de Sta. Ana o da Quinta do Fojo | GALICIA MÁXICA

Muíño das Azenhas do Tio Luís | GALICIA MÁXICA